A Comisión Europea publicou esta semana as últimas cotizacións do mes de agosto dos produtos lácteos na UE, destacando a importante suba dos prezos do leite en pó desnatado, que está a compensar a caída das cotizacións da manteiga, permitindo manter unha estabilidade de prezos do leite no campo.
En canto ao leite en pó enteiro a última cotización na UE foi de 2,89 euros o quilo, un 3% máis que hai un ano. Polo que respecta aos queixos, experimentan unha lixeira tendencia á baixa: o Cheddar pagouse a 3,03 euros o quilo, un 10% menos que hai un ano; o Edam e o Gouda a 3,07 e 3,08, un 1% menos , e o Ememental cotizouse a 4,35 euros o quilo na semana semana de agosto, un 3% menos que nas mesmas datas de 2018. O soro de leite en po (wheypowder) baixa un 11% de xeito interanual, ata os 0,71 euros o quilo.
Na seguinte gráfica pode observase a evolución dos prezos dos produtos lácteos na UE. Ata o 2007, cun mercado moi regulado e con cuotas lácteas, os prezos eran moi estables; a partir de aí e ata o 2015 empeza a haber máis oscilacións, e a partir do 2015, coa supresión das cotas, obsérvase unha gran escalada do prezo da manteiga e un descenso do prezos do leite en pó desnatado, favorecido polo gran stock de produto comprado a prezo de intervención pola Comisión Europea durante a crise prezos de 2016.