Viña

Bo desenvolvemento dos acios nos viñedos galegos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
11/06/2022 9:09 a.m.

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, emitiu este venres o seu boletín fitosanitario semanal no que actualiza a información sobre o estado sanitario dos viñedos na provincia.

Malia non ter habido moita insolación estes días, en xeral os acios están ben formados e con bo desenvolvemento, sendo a media máis habitual a de grans tamaño perdigón nos predios que visitaron os técnicos da estación esta semana. “Partindo desta situación, as condicións anticiclónicas previstas para os vindeiros días provocarán un avance aínda maior no seu desenvolvemento”, avanzan.

En canto ás enfermidades fúnxicas, estas son as súas recomendacións para os vindeiros días:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Mildio:

Polo que respecta ao mildio, o máis frecuente que observaron na súa revisión desta semana ás viñas foi a práctica ausencia de síntomas, “o que indica que os tratamentos que se realizan están contendo ben as infeccións”.

Para os próximos días, a maioría das axencias meteorolóxicas consultadas anuncian tempo anticiclónico, con moita calor (mesmo alcanzándose temperaturas por riba dos 30ºC) e con ventos de dirección norte, que non favorecen ao patóxeno. Porén, algunhas (as menos) anuncian certa precipitación para metade da semana.

No caso de manterse o tempo solleiro, en principio poderase ampliar o intervalo entre tratamentos pero sempre mantendo a vixilancia e garantindo a aireación dos acios mediante as labores agronómicas recomendadas (esfollas, podas en verde, desnetados e roza da vexetación do solo). De ocorrer o segundo (choiva a metade da semana) haberá que renovar o tratamento antes ou inmediatamente despois do episodio, polo menos se está finalizada (ou próxima a facelo) a protección teórica da intervención anterior.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Oídio:

Os técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro seguen sen atopar síntomas da enfermidade do oídio en albariño, pero tanto pola fenoloxía da viña coma polas condicións climatolóxicas aconsellan incrementar a vixilancia.

Black rot:

Malia ter habido unha climatoloxía favorable, na revisión desta semana non atoparon maior presenza de síntomas, tampouco nas plantas abandonadas onde xa apareceran. As condicións climatolóxicas maioritariamente previstas para os vindeiros días non lle serán favorables ao fungo.

Polo tanto, recomendan manter a vixilancia, pero se finalmente se producen as choivas que anuncian algunhas axencias, elixan funxicidas con efecto fronte a este outro fungo para os potenciais tratamentos fronte ao mildio.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Outras incidencias:

Nesta semana observaron puntualmente novos glomérulos das larvas da primeira xeración de Lobesia botrana, e non en todos os predios. Amais, xa só nalgunhas viñas se recolleron adultos nas trampas polo que está a finalizar o voo da primeira xeración. Canto a outras cuestións a destacar, nas parcelas con plantas vellas e problemas de enfermidades de madeira observaron igualmente algunha sintomática máis, e sen dúbida o estrés que van sufrir as plantas coa calor prevista favorecerá que aparezan en maior número.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada