Axenda

Biona e Botica do Campo organizan unha xornada sobre vacún de leite

19/02/2016 7:49 a.m.

A empresa Núter, fabricante de pensos Biona, e a empresa Botica do Campo, organizan para o vindeiro mércores, 24 de febreiro, unha xornada sobre vacún de leite. Será en Arzúa, na nave de Botica do Campo, a partir das 11:30 horas.

Na xornada participarán José Santiso Lorenzo, xerente de zona de Núter, que falará sobre "Graxa e proteínas en leite. Aspectos prácticos"; Jose M.ª Viana, xefe de produto de vacún de Núter, que impartirá a charla titulada "As fugas de rendibilidade nas explotacións leiteiras". Pechará a xornada Arturo Gómez, investigador de Zinpro Animal, que propoñerá aos asistentes "Solucións modernas a problemas podais".

Ir a la portada