Noticias de empresa

Biona, 50 anos cos gandeiros galegos

Os produtos de Núter Feed son utilizados por máis de 40.000 gandeiros en toda a Península. Desde a compañía destacan que “Biona foi esencial na modernización e desenvolvemento agropecuario”

Núter Feed 19/09/2015 9:56 p.m.

O pasado día 4 de setembro, cumpríronse 50 anos de actividade da fábrica de Saprogal en San Pedro de Nós, próxima á Coruña. Foi en 1965 cando a firma galega, agora Núter Feed, comezou a comercializar a súa marca Biona, todo un referente en alimentación animal para varias xeracións de agricultores e gandeiros.

Desde Núter Feed destacan que “Biona supuxo un cambio radical na produción animal e, por tanto, na oferta de produtos tan básicos para a poboación como o leite, a carne e os ovos”, permitindo mellorar a súa produción e reducir o seu prezo.

A experiencia acumulada ao longo destes anos permitiu a Núter Feed potenciar diferentes áreas relacionadas coa alimentación animal, tales como a investigación profesional en granxas experimentais, o desenvolvemento de programas adaptados ás necesidades nutricionais de cada especie ou o asesoramento técnico permanente a través dun completo grupo de especialistas e profesionais vinculados coa produción animal.

“Biona foi esencial na modernización e desenvolvemento agropecuario”

Segundo José Manuel García, director xeral de Núter Feed España, “a historia de Biona non pode desligarse da propia evolución que experimentou o mundo rural nestes anos”. “A nutrición natural, sa e segura dos animais a través dos pensos, -subliña- foi esencial no desenvolvemento e a modernización do sector agropecuario e permitiu, entre outras cousas, a sustentabilidade no abastecemento de alimentos de orixe animal de forma hixiénica e coas maiores garantías de seguridade”.

Núter Feed, a través do seu servizo técnico e da rede de distribución, ofrece aos seus clientes gandeiros o asesoramento e a calidade contrastada dos seus produtos contribuíndo con iso a mellorar as producións gandeiras, aumentar a súa rendibilidade e poñer no mercado alimentos da máxima calidade. O seu compromiso co sector, incluídos os provedores de materias primas, transporte e distribuidores, permite aos gandeiros das distintas especies producir alimentos sans e saudables dentro dunha cadea de valor que une a produción primaria co consumidor.

Os produtos de Núter Feed son utilizados por máis de 40.000 gandeiros

Núter Feed é unha das principais empresas de nutrición animal da Península Ibérica. Emprega a máis de 500 persoas e produce 1 millón de toneladas de penso ao ano nas súas 12 plantas. Os seus produtos son utilizados por máis de 40.000 gandeiros aos que Núter serve directamente ou a través de 1.500 distribuidores exclusivos.

A compañía xorde en 2007 da integración de dúas grandes empresas con ampla experiencia no sector de nutrición animal: SAPROGAL S.A.U. e Pensos Pascual S.A.U., que compartían valores similares como ofrecer a máxima calidade de produto e un excelente nivel de servizo aos seus clientes.

Ir a la portada