Desenvolvemento rural

Beneficiarios das axudas para desenvolver pequenas explotacións

Medio Rural publica o listado das persoas que recibirán subvencións para a creación de pequenas empresas agrarias

Campo Galego 03/01/2017 10:28 a.m.

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o listado de persoas beneficiarias das axudas para desenvolver pequenas explotacións agrarias. Esta liña de subvencións, orientada principalmente a produtores hortícolas e de froita, beneficiará a un total de 32 persoas, que recibirán 15.000 euros por solicitante, o que representa un total de 480.000 euros.

A liña de apoio a pequenas explotacións convocárase a finais do 2015 conxuntamente coas axudas de plans de mellora e de incorporación de persoas mozas. Agárdase que a Consellería tamén publique nos próximos días os beneficiarios dos plans de mellora e das axudas á incorporación.

Máis información
- Listado de beneficiarios das axudas para impulsar pequenas explotacións.

Etiquetado
Ir a la portada