Apicultura

Beneficiarios das axudas de apicultura 2022

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución das subvencións destinadas tanto a persoas como organizacións apicultoras. Concedéronse un total de 24 axudas por valor de 1.382.277,80 euros

Campo Galego 20/09/2022 9:22 a.m.

O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución da convocatoria de axudas á apicultura para o ano 2022. En total, supoñen un investimento de 1.382.277,80 euros repartidas entre 24 persoas beneficiarias, das cales 9 corresponden a asociacións apícolas. Esta partida destinouse á asistencia técnica, tanto a persoas como a organizacións apicultoras, e á loita contra as agresións e enfermidades da colmea, de acordo coas características particulares do sector en Galicia.

As actuacións subvencionadas inclúen a contratación de persoal técnico e de especialistas para prestar información e asistencia ás persoas apicultoras. Tamén comprende -no relativo á loita contra as enfermidades das abellas- a adquisición de tratamentos quimioterápicos e outros compatibles coa apicultura ecolóxica contra a varroase, a alimentación das abellas -co fin de mellorar a vitalidade da colmea- e a renovación ou purificación de cera, ademais da adquisición de métodos para a captura, eliminación e control da avespa velutina.

As axudas foron concedidas en réxime de concorrencia competitiva e beneficiáronse tanto particulares titulares de explotacións apícolas, como asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia. Esta liña subvencións chegará a un total de 187.537 colmeas repartidas por todo o territorio. A continuación, exponse a lista das adxudicacións feitas:

[caption id="attachment_181111" align="alignright" width="899"] Persoas beneficiarias das axudas á apicultura neste 2022. Fonte: Xunta de Galicia[/caption]

Etiquetado
Ir a la portada