Axenda

BASF presentará en Galicia o primeiro funxicida para enfermidades da madeira en viñedo

12/01/2018 4:47 p.m.

A multinacional BASF presentará o vindeiro 23 de xaneiro en Galicia o primeiro funxicida para o tratamento das enfermidades da madeira en viñedo. Estas doenzas (esca, brazo negro, eutipiose...etc) son un dos principais problemas sanitarios da viticultura neste momento, trala prohibición no ano 2003 do uso do arsenito sódico por parte da Comisión Europea.

Neste sentido, o produto que vai presentar BASF, denominado Tessior, preséntase como “o primeiro produto funxicida efectivo e de uso fácil contra as enfermidades da madeira”.

A xornada de demostración celebrarase na adega Martin Códax, en Burgáns (Cambados). A xornada comezará ás 9:30 horas cun café e continuará ás 10:15 coa presentación do funxicida Tessior e do sistema para aplicalo, Tessior System. A continuación farase unha demostración práctica da aplicación en campo.

Para poder participar nesta xornada é preciso confirmar asistencia no correo electrónico jose-ramon.gallego-boquete@basf.com ou chamando ao 607 517 160

Etiquetado
Ir a la portada