Desenvolvemento rural

Balseiros repite como director xeral de Gandería e Nicolás Vázquez, novo secretario técnico da Consellería

Campo Galego 11/09/2020 9:24 a.m.

O Consello da Xunta aprobou o nomeamento de José Balseiros como director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Balseiros, que accedera a este cargo no 2018, repite así na Dirección Xeral e será tamén o director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

Nado en Cerdedo no 1961, concello do que foi alcalde entre 2005 e 2016, Balseiros é deputado autonómico desde o 2016. Antes fora tamén deputado provincial en Pontevedra (2007-2011) e desempeñara outros cargos nas administracións.

Secretario xeral técnico
Como novo secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, o Consello da Xunta nomeou a Nicolás Vázquez Iglesias. Nado en Lugo, era ata o de agora vicesecretario xeral de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia. Vázquez é licenciado en Ciencias Físicas e enxeñeiro superior industrial na especialidade de técnicas enerxéticas. Desde o 2001 traballou no Instituto Enerxético de Galicia, principalmente en relación a enerxías renovables.

Ir a la portada