Viña

Baixo risco sanitario nos viñedos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/07/2022 11:56 p.m.

O último anuncio fitosanitario emitido pola Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, sinala o bo estado fitosanitario no que se atopan os viñedos da provincia. As condicións meteorolóxicas do último mes, onde as precipitacións escasearon reduce o risco de patóxenos como o mildio, cunha gran incidencia nos viñedos desta zona.

Comezan a verse as primeiras uvas brillantes, nas cepas de Albariño, aínda que polo momento son aínda moi puntuais. Mentres, nas variedades tintas é máis habitual comezar a ver os primeiros acios con indicios de pintado.

A meteoroloxía destes días propiciou que fose unha semana tranquila nos viñedos. Pese a que houbo néboas, sobre todo nas zonas costeiras, estas apenas tiveron repercusión na incidencia de pragas como o mildio. “Mesmo nas plantas sen tratar, os brotes novos están medrando limpos de mildio. De feito, no captador de esporas instalado en Areeiro pasamos de recoller máis de 2.500 esporas a semana pasada a só 447 nesta”, sinala o persoal técnico de Areeiro. Tampouco se localizaron danos nos acios rebuscos, máis sensibles a esta afección.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A previsión de que se incrementen as temperaturas mínimas para a próxima semana xunto co orballo pode producir un maior risco de novas infeccións, en especial nas viñas que levan máis tempo sen tratar. Con todo, dende Areeiro non agardan danos significativos dado o estado fenolóxico dos viñedos. Porén, recomendan manter vixiados os viñedos, xa que ata o pintado a uva pode verse afectada.

Tampouco hai danos por oídio nos viñedos pontevedreses e as previsións que se están realizando para a vindeira semana, con ventos do norte ou nordés, non serán favorables para a aparición deste fungo. Así, dende Areeiro indican que naqueles predios sen presenza de síntomas ata o de agora, o risco será case nulo. Mentres, nas viñas onde xa se deran ataques, o fungo pode seguir avanzando ata o pintado das uvas, pero o risco de novas contaminacións tamén será baixo. Dende Areeiro recomendan prestar atención á evolución daquelas variedades máis sensibles, se se chegan a producir néboas.

A incidencia de black rot está a ser mínima e a climatoloxía prevista e a proximidade do pintado da uva reduce o risco de danos por este patóxeno.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A presenza de avelaíña do acio está a ser baixa, cun reducido número de capturas nas trampas colocadas na zona do Salnés por parte de Areeiro. Neste momento o risco de danos derivados desta couza é baixo. Aínda así, o persoal de Areeiro recomenda manter vixiadas as variedades máis sensibles, como poden ser a Loureira e Treixadura.

As altas temperaturas seguen deixando danos por golpes de sol nos acios e plantas con enfermidades da madeira. Ademais, detéctanse cepas con síntomas de estrés hídrico.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada