Carne

Baixan recría e becerros carniceiros e soben as vacas en Silleda

A Lonxa rexistrou esta semana unha gran afluencia de animais, con máis de 1.000 cabezas de gando

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 31/08/2016 2:25 p.m.

Os prezos da Lonxa de Silleda reflectiron esta semana unha lixeira baixada media na cotización do gando de recría, que perdeu 6 euros, quedando nos 195 euros. Os becerros carniceiros tamén rexistraron unha caída, neste caso de 47 euros de media por animal; en tanto que no vacún maior houbo un repunte de prezos, se ben motivado principalmente pola maior asistencia de animais das categorías extra e primeira.

En canto á afluencia de gando, esta semana entraron no recinto de Silleda un milleiro de animais, 689 xatos de recría, 233 cabezas de vacún maior e 78 becerros carniceiros.

No tocante ás cotizacións das mesas de prezos, houbo unha redución de 2 céntimos no porcino de desvelle. O coello tamén cotizou á baixa na Lonxa de Madrid, 10 céntimos menos que na anterior sesión.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións en Silleda

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada