Carne

Baixadas no gando de abasto e repunte en recría

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 12/11/2015 4:07 p.m.

As cotizacións marcadas en Amio esta semana amosaron un repunte do gando de recría e unha tendencia á baixa dos becerros de abasto e do vacún maior, en tanto que na IXP Ternera Gallega, os prezos continúan sen cambios.

A mesa de prezos de Abasto acordou por unanimidade a suba de 10 euros nas calidades extra e boa de rubia galega e de cruces no gando descalostrado e lactante, así como nos machos destetados. En becerros de abasto, acordouse unha reducción de 10 céntimos nas calidades R e O de tenreiras ata 220 quilos, ás que se une a calidade U no intervalo de peso de 221 a 250 quilos. En vacún maior, as caídas de prezo sitúanse entre 10 e 20 céntimos.

Pola súa banda, a mesa de prezos da IXP Ternera Gallega apreciou unha baixada da demanda, se ben, como non aumentou a produción, decidiuse manter os prezos da pasada semana.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto á asistencia de gando esta semana, foi de 2.101 reses, 233 máis que na anterior sesión. Houbo 1.578 cabezas de vacún menor, 300 de vacún mediano e 205 de vacún grande.

Táboa completa das cotizacións de Amio (11-11-2015)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada