Carne

Baixadas en vacún maior, estabilidade en Ternera Gallega e recría

O mercado de Amio rexistrou a entrada de 2.141 animais na sesión desta semana

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/09/2016 11:05 a.m.

As cotizacións do gando nas mesas de prezos de Amio experimentaron escasas variacións esta semana. En Ternera Gallega, os vogais da Mesa de Prezos da IXP acordaron por maioría manter os mesmos valores da pasada sesión en todas as categorías e calidades de gando. En canto á Mesa de Prezos de Abasto, mantéñense igual as cotizacións do gando de recría e de abasto, en tanto baixan 5 céntimos as subclases O2, O1 e P2.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.141 reses, 55 máis que na anterior semana. Houbo 1.594 cabezas de vacún menor, 256 de vacún mediano e 265 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (28-9-2016)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada