Carne

Baixadas en vacún maior en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/10/2020 4:18 p.m.

A Mesa de Prezos de Gando de Abasto acordou esta semana modificar os prezos do vacún maior do seguinte xeito: as canais da clasificación R e O4 baixan 20 céntimos, en tanto as de O3, O2 e O1 baixan 15 céntimos, e a P faino en 5 céntimos. En gando de recría e vacún mediano non hai cambios. Tampouco na Mesa de Prezos de Ternera Gallega.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 1.845 reses, 178 menos que a pasada semana. Houbo 1.478 cabezas de vacún menor (142 menos), 211 de vacún mediano (8 menos) e 150 de vacún grande (29 menos).

Máis información
- Táboa de prezos de Amio (28-X-2020).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada