Carne

Baixadas en vacún maior e Ternera Gallega Suprema

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 28/01/2021 12:33 p.m.

As mesas de prezos de Amio decidiron esta semana unha serie de cambios nos prezos de referencia do gando. En Ternera Gallega, a Mesa da IXP acordou o seguinte:

- Baixar 4 céntimos os prezos das canais de Suprema de ata 250 quilos (machos) e ata 225 quilos no caso das femias.

- Baixar 2 céntimos as canais superiores a 250 quilos (machos) e a 225 quilos nas femias.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Subir 2 céntimos os prezos da categoría Ternera Gallega en pesos superiores a 250 quilos (machos) e 225 quilos nas femias.

Na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, acordouse manter prezos de recría e becerros de sacrificio, pero aplicáronse as seguintes baixadas en vacún maior:

- Redúcense 15 céntimos os prezos dsa canais das clasificacións S, E, U e R.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Baixan tamén 15 céntimos as canais das subclases O4 e O3.

En canto á asistencia de gando ó mercado, houbo 1.815 reses esta semana, 324 menos que o pasado 20 de xaneiro. Entraron no recinto feiral 1.556 cabezas de vacún menor (237 menos que na anterior sesión), 121 de vacún mediano (24 menos) e 138 de vacún grande (63 menos).

Máis información
- Táboa completa de cotizacións de Amio (27-I-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada