Carne

Baixadas en Ternera Gallega, recría e vacún maior

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 03/10/2019 10:28 a.m.

As mesas de prezos de Amio, que serven de referencia para o sector, marcaron esta semana cotizacións á baixa na maioría de categorías. En Ternera Gallega, acordouse unha baixa de 3 céntimos nas canais de Suprema e de 2 céntimos en Ternera Gallega. En canto á Mesa de Prezos de Gando de Abasto, os vogais acordaron por unanimidade baixar 5 euros as femias destetadas de rubia galega e cruces, advertindo grandes dificultades na comercialización destes animais. En vacún maior, baixaron 5 céntimos nas subclases O3 a O1 e na clase P. Os becerros de abasto repiten as cotizacións da pasada semana.

A asistencia á sesión do mercado desta semana en Amio foi de 2.042 reses, 132 máis que a pasada semana. Houbo 1.604 cabezas de vacún menor (137 máis que a pasada semana), 236 de vacún maior (8 máis) e 188 de vacún grande (13 menos).

Máis información
- Táboa das cotizacións de Amio (2-XI-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada