Carne

Baixadas en Ternera Gallega en Amio

A saturación estacional do mercado repercute na caída das cotizacións de Ternera Gallega por segunda semana consecutiva

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/03/2017 3:16 p.m.

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, que se reúne cada semana coincidindo co mercado de Amio, acordou esta semana unha nova baixada das cotizacións de Ternera Gallega. Tras o descenso da pasada semana en 4 céntimos, que afectou a todas as calidades e categorías da carne, esta semana decidiuse unha baixada de 2 céntimos, salvo na categoría Suprema nos pesos superiores a 200 quilos en femias e a partir de 226 en machos, onde as cotizacións baixan 3 céntimos.

A carne da IXP continúa así coa baixada estacional que vén experimentando ó longo de todo o inverno. Na Mesa de Prezos de Abasto, acordouse a continuidade de prezos en todas as categorías e calidades, tanto en recría como en abasto e vacún maior.

No mercado desta semana entraron 2.378 reses. Houbo 1.926 cabezas de vacún menor, 200 de vacún mediano e 234 de vacún grande.

Máis información

- Táboa completa das cotizacións en Amio (22-III-2017)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada