Carne

Baixadas en Ternera Gallega e no vacún mediano

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 11/02/2021 10:54 a.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana baixadas de prezo en Ternera Gallega e no vacún mediano que está fóra da IXP. En Ternera Gallega, acordouse unha baixada de 5 céntimos en Suprema e de 3 céntimos na categoría convencional. A Mesa de Prezos de Gando de Abasto, pola súa banda, decidiu baixar 5 céntimos as canais de vacún mediano ata 180 quilos de peso e 10 céntimos as canais de pesos superiores. En gando de recría e vacún maior non hai cambios nas cotizacións en relación á anterior sesión.

En canto ó mercado, esta semana recibiu 1.841 reses, 144 máis que a pasada semana. Houbo 1.559 cabezas de vacún menor (119 máis), 122 de vacún mediano (1 menos) e 152 de vacún grande (19 máis).

Máis información
- Táboa de cotizacións de Amio (10-II-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada