Carne

Baixadas en Amio no gando de abasto e en vacún maior

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 07/04/2016 9:36 a.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron baixadas no gando de abasto e en vacún maior. En recría permanecen as cotizacións sen cambios, en tanto que en Ternera Gallega mantéñense tamén os valores da anterior sesión, se ben os vogais da Mesa de Prezos da IXP coinciden en apreciar un mercado moi pesado para a carne.

As baixadas de prezo en gando de abasto foron de 10 céntimos nas clasificacións de canais U e R en todos os intervalos de peso. En canto ó vacún maior, tamén por unanimidade acordouse baixar 5 céntimos nas subclases O2 e O3 e 10 céntimos en O1, P1 e P2.

No mercado de gando, a asistencia de animais foi de 2.380 reses, 295 máis que o pasado día 30 de marzo. Houbo 1.823 cabezas de vacún menor, 267 de vacún mediano e 265 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (6-IV-2016)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada