Carne

Baixadas en Amio en Ternera Gallega e variacións en recría

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 25/02/2016 11:12 a.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron onte baixadas en Ternera Gallega e variacións á alza e á baixa no gando de recría, en tanto o gando de abasto e o vacún maior permanecen sen cambios.

En Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da IXP acordou por unanimidade o seguinte:

- Na categoría suprema, baixar 5 céntimos os prezos dos machos e das femias das calidades U e R en todos os intervalos de peso, excepto no maior (226 a 250 quilos os machos e 201 a 230 quilos as femias), que baixa 6 céntimos. Nas calidades S e E a baixada é de 8 céntimos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Na categoría normal de Ternera Gallega, baixan os prezos 4 céntimos en todas as calidades e intervalos de peso.

En canto á Mesa de Prezos de Abasto, decidiuse por unanimidade baixar 10 euros na recría os prezos da calidade extra dos machos e femias descostrados de rubia galega. Soben, por contra, 25 e 20 euros respectivamente os prezos das calidades regular e inferior dos machos descostrados de raza frisona.

A asistencia de gando á feira foi de 2.261 reses, 59 máis que a pasada semana. Houbo 1.796 cabezas de vacún menor, 215 de vacún mediano e 233 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (24-II-2015)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada