Carne

Baixadas en Amio dos prezos de Ternera Gallega e nos machos frisón para recría

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/07/2020 6:16 p.m.

O Mercado de Gando de Amio (Santiago) rexistrou esta mañá baixadas das cotizacións que afectaron tanto ás categorías de Ternera Gallega coma dos animais de abasto.

No caso da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida, acordaron baixadas para os exemplares de Ternera Gallega. Nos canais de pesos inferiores a 225 a redución foi de 0,02 euros e naqueles con pesos superiores a baixada resultou de 0,05 euros. Mentres, os vogais decidiron manter os prezos da sesión anterior para tódalos canais de Suprema.

No gando de abasto, as baixadas centráronse nos machos de raza Frisoa para recría. No caso dos animais de calidade extra acordouse unha redución de 5 euros no prezo e para as calidades boa e regular a baixada foi de 10 euros. Mantéñense sen cambios os prezos do vacún mediano para sacrificar e o vacún maior.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto á afluencia, na sesión desta mañá contabilizáronse 1.665 reses, 128 menos que o pasado 8 de xullo. Houbo 1.346 cabezas de vacún menor, 91 menos que na feira anterior. Rexistráronse 156 animais de vacún mediano, 27 menos que na sesión pasada, e 163 de vacún grande, 10 reses menos.

Máis información

– Táboa completa das cotizacións de Amio (15-VII-2020)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada