Carne

Baixadas de Ternera Gallega e becerros en Amio, e subas no vacún maior

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/01/2017 9:27 a.m.

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, que se reúne no mercado de Amio, acordou por segunda semana consecutiva unha nova baixada en todas as categorías e calidades de Ternera Gallega, que perden 2 céntimos.

En becerros carniceiros, a Mesa de Prezos de Abasto decidiu tamén baixadas, neste caso de 5 céntimos nas clasificacións S, E, U e R en pesos en canal inferiores ós 180 quilos; en tanto que para os pesos entre 180 e 205 quilos, a caída é de 10 céntimos.

A parte positiva da xornada estivo no vacún maior, que mellorou en 5 céntimos nas subclases O1, P2 e P1. O gando de recría non experimentou cambios, se ben apréciase unha tendencia a baixa nas femias de cruces de cor.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto á asistencia de gando á feira, na sesión de onte houbo 2.080 reses, 228 menos que a pasada semana. Entraron no recinto 1.594 cabezas de vacún menor, 222 de vacún mediano e 245 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (25-I-2017)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada