Carne

Baixada do vacún maior en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/10/2018 8:53 a.m.

As mesas de prezos de Amio, que marcan cotizacións de referencia para o gando vacún, acordaron esta semana unha baixada de 5 céntimos nos valores do vacún maior na clase P e nas subclases O3, O2 e O1. O resto de categorías de vacún maior permanece sen cambios. Tamén se repiten valores tanto en gando de recría e becerros para sacrificio coma na IXP Ternera Gallega.

En recría, non obstante, os vogais da mesa de prezos aprecian unha tendencia á alza en todas as cotizacións das razas cruzada e frisona.

No tocante ó mercado de Amio, esta semana entraron no recinto 2.041 reses, 175 máis que a pasada semana. Houbo 1.586 cabezas de vacún menor (105 máis), 260 de vacún mediano (50 máis) e 190 de vacún grande (31 máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa de prezos de Amio (24-X-2018).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada