Carne

Baixada do vacún maior en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
01/02/2023 1:50 p.m.

O Mercado de gando de Amio rexistrou este mércores unha baixada xeralizada nos prezos do gando vacún maior debido a unha maior lentitude do comercio, tal e como se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes á feira por parte da organización.

Pola súa parte, a mesa de prezos de Ternera Gallega acordaron manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades de gando.

En canto á asistencia, houbo 1712 reses, o que supón 183 menos que a sesión pasada. En concreto contabilizáronse 1.417 cabezas de vacún menor, 153 menos que na sesión anterior. Houbo 91 de vacún mediano (5 menos) e 204 de vacún grande (35 reses máis que a pasada semana).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (01-2-2023).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada