Carne

Baixada do vacún maior e dos becerros carniceiros en Silleda

En gando de recría, os frisóns experimentan unha baixada de prezos xeralizada, en tanto en cruces rexistráronse tendencias á alza e á baixa

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 07/12/2016 8:20 a.m.

A Lonxa de Silleda esta semana experimentou unha tendencia á baixa no vacún maior e nos becerros carniceiros, en tanto que en recría rexistráronse movementos diversos. A media dos prezos de recría pasou dos 226 euros da pasada semana ós 235, se ben en frisóns, houbo unha tendencia á baixa dos prezos en todas as idades. Na categoría con máis volume de animais, a de machos de 21 a 50 días, as cotizacións quedaron nunha media de 117 euros, fronte ós 120,70 da pasada semana. En xatos de máis de 50 días, o prezo foi de 127, fronte ós 146 da anterior sesión.

En recría de cruce industrial, en machos, subiron os de 0 a 20 días e os de máis de 50 días, en tanto que os da categoría intermedia (21-50 días), a máis numerosa, baixaron 5 euros. En femia, houbo subas de 0 a 20 días e baixadas nas outras dúas categorías.

Os prezos do vacún maior rexistraron tamén un descenso. Dunha media de 711 euros pasouse esta semana a 689. As categorías extra e primeira subiron prezos, pero a categoría segunda (O), a máis numerosa, baixou 22 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ós becerros carniceiros, houbo unha baixada media de case 50 euros, que se fixo notar en todas as categorías.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Mesas de prezos
Nas cotizacións decididas nas Mesas de Prezos de Silleda, o porcino cebado mantense sen cambios, en tanto os leitóns subiron un euro a unidade. Nos ovos, por unha regularización do mercado, subiron 2 céntimos todas as categorías; as galiñas de desvelle perderon 2 céntimos e o coello baixou 15 céntimos na lonxa de Madrid, quedando en 1,85 euros.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada