Carne

Baixada do porcino en Silleda e sen cambios nos ovos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
15/08/2023 3:33 p.m.

Hoxe non se celebrou a poxa de gando da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, ao coincidir co día festivo da Asunción pero si que se reuniron as Mesas de Prezos, que acordaron unha baixada xeral no porcino e manter as cotizacións nos ovos.

En concreto, os prezos do porcino experimentaron esta semana baixadas tanto do porco cebado como nos leitóns. Nos animais cebados, o porco selecto e o normal descontaron 0,025 euros e quedan nos 2,010 e 1,985 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 1,578 euros tras unha baixada de 0,032 euros. Os animais de descarte mantivéronse sen cambios e cotízanse entre 1,37 e 1,43 euros o quilo.

Nos leitóns houbo unha baixada de 5 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 81 euros (cun prezo de 4,05 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 76 euros e cun prezo por quilo de 3,80 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O mercado do ovo mantense esta semana sen cambios. Os ovos da XL teñen un prezo de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,59 euros, os da M cotízanse a 2,07 euros e os da S están en 1,82 euros a ducia. No prezo das galiñas de descarte semipesadas tampouco houbo cambios e cotízanse entre os 0,23 e os 0,31 euros o quilo.

O prezo do coello está nos 2,45 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada