Carne

Baixada nos prezos dos becerros en Amio

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega mantén as cotizacións da anterior sesión

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 01/02/2017 3:55 p.m.

A sesión de hoxe nas mesas de prezos de Amio veu marcada pola estabilidade en gando de recría e vacún maior, en tanto que os becerros de abasto experimentaron baixadas nas clasificacións U e R de 5 céntimos en pesos canais de ata 180 quilos e de 10 céntimos en pesos canais de ata 250 quilos. En Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da IXP acordou por maioría manter os prezos en todas as calidades e categorías de carne.

En canto á asistencia de gando á sesión de hoxe, houbo 2.123 reses, 43 máis que a pasada semana. Houbo 1.580 cabezas de vacún menor, 237 de vacún mediano e 286 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (1-II-2017)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada