Carne

Baixada nos prezos de Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 06/07/2023 12:18 p.m.

Esta semana os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron unha baixada de 0,03 euros para as canais da categoría de Tenreira, logo de varias semanas sen cambios nas cotizacións.

No mercado de gando de Amio tamén houbo unha baixada nos prezos, neste caso na recría. En concreto, a redución foi de 10 euros para os tenreiros de cruces industriais e de 5 euros para os becerros frisóns.

En canto á asistencia, houbo 1.754 reses, o que supón 232 máis que a sesión da semana pasada. Este mércores contabilizáronse 1.500 cabezas de vacún menor, 203 máis que na sesión anterior. Houbo 103 de vacún mediano (14 menos) e 151 de vacún grande (43 máiss que a semana pasada).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (5-VII-2023).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada