Carne

Baixada nos bacoriños en Silleda

As cotizacións do gando mantéñense estables, con tendencia á baixa en recría e vacún maior

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 24/08/2016 4:11 p.m.

O mercado de gando de Silleda rexistrou esta semana a asistencia de máis de 950 cabezas de gando, das que 662 foron becerros de recría, 213 exemplares de vacún maior e 89 becerros carniceiros. Os prezos das cotizacións medias mantiveron unha liña similar á pasada semana, con leves baixadas na recría e no vacún maior, se ben, a pesar desa lixeira caída na media, houbo repuntes de prezos nalgunhas categorías.

En canto ás mesas de prezos, por segunda semana consecutiva houbo unha baixada nos bacoriños, nesta ocasión de tres euros. O resto de cotizacións continúan igual, tanto coello, como galiñas e ovos.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Silleda (23-8-2016)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada