Carne

Baixada no gando de recría de rubia e cruces e subas no frisón

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 28/04/2016 1:44 p.m.

Os prezos do gando de recría experimentaron esta semana novas variacións en Amio, en tanto se manteñen as cotizacións de Ternera Gallega, gando de abasto e vacún maior.

En recría, baixan 5 euros os prezos das calidades extra e boa dos machos de todas as tipificacións de rubia galega e cruces de cor. Soben 10 euros os prezos das calidades boa e regular dos frisóns lactantes.

En canto á asistencia de gando á feira, na sesión desta semana houbo 2.074 reses, 66 menos que na anterior. Entraron en Amio 1.640 cabezas de vacún menor, 210 de vacún mediano e 206 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (27-IV-2016)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada