Carne

Baixada na recría en Amio e tendencia á baixa nos becerros carniceiros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 20/08/2020 10:20 a.m.

A demanda de carne continúa sen recuperarse ós niveis anteriores á crise, pois as restriccións na hostelaría e a menor afluencia de turistas están deixando un verán atípico. Así as cousas, a Mesa da Prezos de Ternera Gallega decidiu esta semana manter os prezos da anterior sesión tanto en Suprema como en Ternera Gallega, se ben nesta última categoría aprecia unha acusada tendencia á baixa debida á falta de mercado.

En canto ós prezos de referencia marcados na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, esta semana acordouse unha baixada de 10 euros nas femias de recría, en tódalas categorías e calidades. En vacún mediano para sacrificio, apréciase unha tendencia á baixa, pero decidiuse manter prezos, en tanto en vacún maior repítense tamén os valores da anterior sesión.

A afluencia de gando ó mercado foi de 1.868 reses, 684 máis que a pasada semana. Houbo 1.507 cabezas de vacún menor (620 máis que a pasada semana), 187 de vacún mediano (35 máis) e 167 de vacún grande (41 máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (19-VIII-2020).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada