Carne

Baixada na recría de cruce en Amio

En Ternera Gallega, repítense as cotizacións da anterior sesión, igual que en vacún maior e becerros de abasto

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/08/2018 10:41 a.m.

A Mesa de Prezos de gando de abasto, que se celebra coincidindo co mercado de Amio, acordou unha baixada de 5 euros en todas as calidades e categorías dos becerros machos e femia de recría de cruces. En frisóns de recría, vacún maior e becerros de abasto repetíronse as cotizacións da anterior sesión. Tamén a Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou manter os mesmos prezos da pasada semana.

A asistencia de gando á sesión de onte foi de 2.381 reses, 518 menos que a pasada semana, cando houbera unha gran afluencia tras a festividade do 25 de xullo. Para o próximo mércores, novo festivo, agárdase unha baixada significativa da afluencia de gando. Esta semana entraron no recinto 1.895 cabezas de vacún menor, 286 de vacún mediano e 180 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (8-VIII-2018).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada