Carne

Baixada do gando de recría en Silleda

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 19/07/2017 12:16 p.m.

O mercado gandeiro de Silleda experimentou unha baixada nos prezos do gando de recría por segunda semana consecutiva. Pasouse dos 230 euros de media da anterior sesión a 222, con caídas máis acusadas nas femias de frisón e nos cruces, en tanto todas as categorías de machos frisóns experimentaron repuntes de prezos. Por exemplo, en xatos frisóns de 21 a 50 días, pasouse dos 161 euros da anterior sesión a 174.

En vacún maior houbo unha caída do prezo medio dos 842 euros da pasada semana ós 814 da última sesión. As cotizacións por categorías das canais, sen embargo, mantivéronse sen grandes cambios. A menor concurrencia de animais de categoría extra (E, U) explica a diferencia dos prezos medios coa anterior feira.

En becerros carniceiros, as cotizacións medias situáronse en 837 euros, polos 860 da pasada semana. A asistencia total de animais á feira foi de 954 (614 animais de recría, 236 vacas e 104 becerros de abasto).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Mesas de prezos
As cotizacións das mesas de prezos deixan unha baixada en bacoriños de 4 euros. O porcino cebado mantense estable, coa excepción do desvelle que baixa. Houbo tamén unha suba en ovos nas categorías XL, L e M.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada