Leite

Baixada esta semana das cotizacións dos produtos lácteos na Unión Europea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
20/03/2024 7:17 p.m.

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta terceira semana de marzo dos produtos lácteos. Con respecto á pasada semana, destacan as leves baixadas da manteiga e do queixo cheddar, unha caída máis acusada no caso do leite en po enteiro.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de marzo para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 562 €/100 kg, +0,4 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 245 €/100 kg, -2,3 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 351 €/100 kg, -3.2 % ,,
-Queixo cheddar: 387 € /100 kg +3,4%

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia sofre unha lixeira suba respecto á semana pasada e queda nos 0,45 euros o litro.

A tendencia á baixa no prezos dos productos lácteos tamén é a tónica xeral no mercado internacional:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a súa poxa desta semana cunha baixada dos produtos lácteos do 2,8%. Así, houbo unha caída do 4,2% no leite en po enteiro; a cotización da manteiga caeu un 1,4% e o queixo cheddar fíxoo nun 1,9%.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O ano comeza con baixadas da produción de leite

Por outra parte, o informe do MMO tamén recolle a caída da produción de leite na Unión Europea en xaneiro, un 1,3% menos que no mesmo mes do 2023. Tamén caeu a produción de leite en xaneiro en Estados Unidos (-1,1%), Nova Zelanda (-1,2%), e no Reino Unido (-0,4%), mentres que só Australia incrementou as entregas no primeiro mes deste ano (+4.9%)

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada