Carne

Baixada en vacún maior en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/10/2020 9:15 a.m.

A Mesa de Prezos de Gando de Abasto, que marca cada semana en Amio cotizacións de referencia para gando de recría e animais de sacrificio, decidiu esta semana unha baixada no vacún maior. Os vogais da Mesa acordaron por unanimidade baixar 5 céntimos nos prezos das canais de vacún maior correspondentes ás clasificacións U, R, O e P. En gando de recría e vacún mediano, mantéñense os prezos da anterior sesión. Tampouco houbo cambios na Mesa da IXP Ternera Gallega.

A asistencia de gando ó mercado foi de 1.862 reses, 84 menos que a pasada semana. Houbo 1.443 cabezas de vacún menor (139 menos que na anterior sesión), 170 de vacún mediano (16 menos) e 242 de vacún grande (71 máis).

Máis información
- Táboa de prezos de Amio (7-X-2020).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada