Carne

Baixada en Ternera Gallega Suprema en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 05/03/2020 9:28 a.m.

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, que se celebra cada semana coincidindo co mercado de Amio, acordou unha baixada de 2 céntimos nos prezos das canais de tódalas clasificacións da calidade Ternera Gallega Suprema, en tanto a calidade Ternera Gallega permanece sen cambios.

Os prezos do vacún mediano sen IXP tamén experimentaron unha baixada de 5 céntimos nas clases E, U e R nos treitos de 181 a 250 quilos, segundo decidiu a Mesa de Prezos de Gando de Abasto, que tamén acordou unha suba no gando de recría frisón, cunha mellora de 5 céntimos nos machos decostrados e lactantes. En vacún maior para sacrificio non hai cambios esta semana.

A asistencia de gando ó mercado desta semana foi de 2.088 reses, 42 máis que o pasado 26 de febreiro. Houbo 1.732 cabezas de vacún menor (36 máis que na sesión anterior), 169 de vacún mediano (3 menos) e 170 de vacún grande (10 máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Cotizacións completas do gando en Amio (4-III-2020).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada