Carne

Baixada en Ternera Gallega en Amio e estabilidade en Abasto

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/02/2017 9:11 a.m.

As cotizacións nas mesas de prezos de Amio mantivéronse esta semana sen cambios coa única excepción da IXP Ternera Gallega, que baixa 2 céntimos en todas as categorías e calidades de carne. Os vogais da Mesa de Prezos da IXP aprecian unha baixada do consumo puntual asociada ó fin de mes e ás festas do Entroido.

Na Mesa de Prezos de Abasto, repetíronse os valores da anterior sesión en recría, becerros de abasto e vacún maior. En canto á asistencia de gando á sesión desta semana, houbo 2.353 reses, 61 máis que o pasado 15 de febreiro. Por categorías, houbo 1.830 cabezas de vacún menor, 253 de vacún mediano e 250 de vacún maior.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (22-II-2017)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada