Carne

Baixada en Ternera Gallega e nos becerros de abasto

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 06/02/2020 2:28 p.m.

O vacún mediano experimentou unha baixada xeralizada esta semana en Amio. A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou baixar 3 céntimos a categoría Suprema e 2 céntimos a categoría Ternera Gallega.

Na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, tamén se decidiu baixar 5 céntimos todo o gando para sacrificio de entre 221 e 250 quilos. En vacún maior, en cambio, repetíronse as cotizacións da pasada semana, igual que no gando de recría, se ben apréciase tendencia á baixa na recría de cruce e de rubia galega.

A asistencia de gando ó mercado desta semana foi de 1.874 reses, sete máis que a pasada semana. Houbo 1.504 cabezas de vacún menor, 204 de vacún mediano e 160 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (5-II-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada