Carne

Baixada en Amio nos xatos frisóns de recría e suba en Ternera Gallega Suprema

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 02/08/2018 11:09 a.m.

As cotizacións do gando que se acordan nas mesas de prezos de Amio experimentaron esta semana numerosas variacións. En Ternera Gallega, acordouse a suba de 2 céntimos en todas as canais da calidade Suprema, en tanto a Ternera Gallega convencional permanece sen cambios.

Na Mesa de Prezos de gando de abasto, os vogais decidiron por unanimidade baixar 5 euros na recría os prezos de todas as calidades dos machos descostrados e lactantes de raza Frisona. En vacún mediano para sacrificar, sobe 5 céntimos o quilo das canles das clases S, E, U e R de peso ata 220 quilos. En vacún maior non houbo cambios.

En canto a afluencia de gando ó mercado, foi excepcionalmente elevada, logo de que a pasada semana a sesión se cambiase ó martes 24 para non coincidir coa feira cabalar do día 25. Entraron este mércores no recinto de Amio un total de 2.899 reses, das que 2.459 eran cabezas de vacún menor, 252 de vacún mediano e 167 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (1-8-2018).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada