Carne

Baixada en Amio na recría frisona e en Ternera Gallega Suprema

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 17/01/2019 9:50 a.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron onte unha serie de baixadas nas cotizacións. En Ternera Gallega, a Mesa da Indicación Xeográfica Protexida decidiu unha reducción de 2 céntimos en Suprema, en tanto a categoría Ternera Gallega continúa sen cambios.

En canto á Mesa de Prezos de Gando de Abasto, acordouse unha baixada de 5 euros nos machos de recría frisóns de categoría regular ou inferior. Os vogais, como xa advertiran hai uns meses, inciden en que se esa tendencia á baixa continúa, é posible que esas categorías deixen de comercializarse en Amio. No resto de cotizacións, vacún mediano e maior, non houbo cambios, se ben os vogais da Mesa advirten unha tendencia á baixa no primeiro.

A asistencia de gando ás sesión de onte foi de 2.411 reses, 322 menos que a pasada semana. Houbo 1.976 cabezas de vacún menor, 207 de vacún mediano e 207 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada