Carne

Baixada en Amio na recría de rubia galega e de cruces

As mesas de prezos manteñen sen cambios as cotizacións en Ternera Gallega, gando de abasto e vacún maior

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 21/04/2016 11:02 a.m.

A Mesa de Prezos de Abasto acordou unha baixada nos prezos no gando de recría de 10 euros en femias e de 5 euros en machos en todas as tipificacións de rubia galega e de cruces de cor. O resto dos prezos de recría mantense igual que na sesión anterior.

En canto ó gando de abasto e ó vacún maior, non hai cambios. A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega tamén acordou por unanimidade manter todas as cotizacións igual que na sesión anterior.

A asistencia de gando ó mercado desta semana en Amio foi de 2.140 reses, 41 máis que na pasada sesión. Houbo 1.628 cabezas de vacún menor, 258 de vacún mediano e 235 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións do mercado de Amio (20-IV-2016)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada