Carne

Baixada en abasto en Amio e estabilidade en recría e Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 10/03/2016 10:50 a.m.

As cotizacións en Amio experimentaron unha baixada de entre 5 e 10 céntimos na maioría dos pesos e calidades de becerros de abasto, en tanto a recría, o vacún maior e Ternera Gallega mantéñense sen cambios. As baixadas en abasto foron de 5 céntimos nas canais ata 220 quilos, salvo na categoría P, que non baixa; e de 10 céntimos nas superiores a 220 quilos, a excepción de novo da categoría P, que permanece igual.

En vacún maior, os prezos mantéñense igual que na anterior sesión, aínda que de novo se aprecia unha tendencia á baixa. Tampouco houbo cambios na recría nin na Mesa de Prezos de Ternera Gallega.

A asistencia de gando á feira desta semana foi de 2.208 reses, 11 menos que na anterior. Houbo 1.691 cabezas de vacún menor, 232 de vacún mediano e 267 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa de cotizacións da feira de Amio (9-III-2016)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada