Carne

Baixada dos prezos do gando de recría Frisón en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistrou este martes un descenso das cotizacións dos becerros de recría de raza Frisón e dos carniceiros. Tamén houbo unha baixada xeral no vacún maior. O prezo do porco cebado manténse e baixa o dos leitóns

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 03/07/2019 9:39 a.m.

A Central Agropecuaria de Galicia –Abanca rexistrou este martes unha baixada dos prezos dos becerros de recría de raza Frisoa e dos carniceiros. Tamén houbo un descenso xeralizado das cotizacións do vacún maior. Nas Mesas de Prezos, o porco cebado manténse sen cambios e producíuse unha baixada do prezo dos leitóns. Os ovos continúan sen variacións esta semana.

En canto ós prezos dos becerros de recría, a baixada na Lonxa notouse nos machos de tódalas categorías. Así, nos animais de menos de 20 días o prezo medio foi de 111 euros, 3 menos que a feira pasada. Tamén nos tenreiros de 20 a 50 días houbo un descenso do prezo, neste caso de 2 euros, e situouse nos 135 euros.

A baixada máis acusada foi a dos becerros de máis de 50 días, onde o prezo baixou 29 euros ata quedar nos 146 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Mentres, nas femias desta raza a única baixada foi a dos animais de menos de 20 días, onde o prezo baixou 2 euros e se situou nos 75 euros. Nas outras dúas categorías produciuse un incremento do prezo. No caso dos animais de entre 20 e 50 días foi de 18 euros e acadou os 106 euros, e nas tenreiras de máis de 50 días foi de 26 euros e situouse nos 112 euros.

Nos becerros de recría de cruces, houbo unha tendencia á alza que foi moi acusada nos animais de menos de 20 días que pasaron a cotizarse a 309 euros, 58 euros máis que a semana pasada. Tamén subiu mínimamente o prezo dos tenreiros de entre 20 e 50 días, a categoría máis numerosa, cun incremento de 1 euro e pasaron a situarse a 328 euros.

A única baixada nesta categoría produciuse nos becerros de máis de 50 días, que se situaron nos 432 euros, 33 euros menos que a feira anterior.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Tamén se rexistrou unha baixada xeral nos prezos dos becerros carniceiros. No caso dos animais de raza Frisoa acadou os 416 euros, 111 euros menos que a sesión pasada. Menos acusada foi a baixada dos tenreiros de cruces industriais, e o prezo quedou en 986 euros, 5 euros menos.

Baixada do vacún maior

En vacún maior houbo unha baixada xeral e só subiu o prezo das vacas de primeira categoría ata os 1.103 euros, 4 máis que o martes pasado. Porén, nas vacas de segunda o prezo medio foi de 712 euros, 22 euros menos. O mesmo aconteceu cos animais de desvelle, que se situaron nos 433 euros, 51 euros menos que a feira anterior.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nova baixada dos leitóns

En canto á mesa de cotización do porcino, o porco cebado mantívose sen cambios. O selecto e o normal quedan nos 1,485 e 1,460 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II o prezo manténse en 1,896 euros o quilo e na de desvelle o prezo continúa entre os 0,72 e os 0,78 euros o quilo.

Os prezos do leitón baixan 1 euro, logo de rexistrar a semana pasada unha baixada de 2 euros. Así, a cotización do bacoriño de 20 quilos queda nos 66,50 euros para os animais que proceden dunha única granxa e nos 61,50 euros para os chegados de varias ganderías. O prezo por quilo é de 3,325 e 3,075 euros respectivamente.

Nesta xornada non houbo variacións no prezo dos ovos. Deste xeito, os ovos de categoría XL cotízanse a 1,31 euros a ducia, a L está en 0,99 euros, a M en 0,96 euros e a S a 0,81 euros. O prezo da galiña de desvelle experimentou un lixeiro incremento de 0,01 euros e atópase nun intervalo de 0,10 e 0,18 euros o quilo.

Por último, o prezo do coello continúa sen variacións na Lonxa de Madrid a 1,85 euros o quilo.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada