Carne

Baixada dos prezos dos becerros de recría de cruce no Mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 21/06/2023 6:56 p.m.

O Mercado de gando de Amio rexistrou este mércores unha baixada de 10 euros dos prezos da recría de cruce, segundo se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes á feira.

Pola súa banda, a mesa de Cotizacións de Ternera Gallega acordou manter unha semana máis os prezos sen cambios para tódalas calidades e categorías.

En canto á asistencia houbo 1.594 reses, o que supón 19 máis que a sesión da semana pasada. En concreto, na feira de hoxe contabilizáronse 1.308 cabezas de vacún menor, 20 menos que na sesión anterior. Houbo 114 de vacún mediano (28 máis) e 144 de vacún grande (17 menos que a semana pasada).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (21-VI-2023).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada