Carne

Baixada dos prezos da recría e subas no vacún mediano no Mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/08/2023 5:40 p.m.

Tras a baixa afluencia de gando da semana pasada, este mércores o Mercado de Amio recuperou a súa actividade habitual. En canto ós prezos, houbo unha baixada de 10 euros na recría de cruce industrial e de raza Frisoa. Ademais, tal e como amosa a sondaxe realizada entre os asistentes, tamén houbo unha suba de 0,05 euros nas canais de vacún mediano de matadoiro.

Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para todas as categorías e calidades desta carne.

En canto á asistencia houbo 2.336 reses, o que supón 599 máis que na sesión da semana pasada. Este incremento débese á baixa concorrencia da semana anterior, na que coincidiron dúas xornadas festivas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En concreto, na feira deste mércores contabilizáronse 2.058 cabezas de vacún menor, 598 máis que na sesión anterior. Houbo 109 de vacún mediano (19 menos) e 169 de vacún grande (20 máis que a semana pasada).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (23-VIII-2023).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada