Carne

Baixada dos prezos da recría e os becerros carniceiros en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistra unha baixada xeral das cotizacións da recría e dos becerros carniceiros, así como no vacún maior. Continúan sen cambios as mesas do porcino e do ovo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 19/08/2020 11:03 a.m.

A Central Agropecuaria de Galicia – Abanca, en Silleda (Pontevedra), rexistrou este martes unha baixada xeralizada dos prezos da recría, así coma nos becerros carniceiros. Tamén o vacún maior acusou unha tendencia á baixa. Mentres, as mesas de cotización do porcino mantivéronse sen cambios unha semana máis, ó igual que os prezos dos ovos e do coello.

Na recría, a única suba rexistrouse nos becerros frisóns máis novos, os de menos de 20 días, converténdose na única excepción da xornada, posto que o resto de categorías tanto de raza Frisoa como nos cruzamentos industriais acusaron baixadas dos prezos. Así, nos frisóns de menos de 20 días produciuse un incremento de 3 euros, que sitúa o seu prezo medio nos 62 euros. Nos becerros frisóns de entre 20 e 50 días houbo unha baixada de 4 euros, co que o seu prezo medio quedou nos 78 euros. No caso dos tenreiros frisóns con máis de 50 días a redución foi de 23 euros, polo que se pagan a 88 euros.

Nos cruces industriais, os becerros de menos de 20 acusaron unha baixada de 64 euros e pasan a cotizarse a 171 euros. Nos animais de entre 20 e 50 días, o prezo reduciuse en 13 euros ata os 222 euros. A baixada máis destacada afectou ós tenreiros de máis de 50 días, cuxo prezo cae ata os 262 euros, logo dunha redución de 73 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os becerros carniceiros tampouco se libraron da caída dos prezos. Nos exemplares frisóns, o prezo medio foi de 363 euros, tras unha baixada de 24 euros. Nos tenreiros de cruzamentos industriais houbo un descenso do prezo de 64 euros, polo que os machos pasan a cotizarse a 757 euros. No caso das femias, a baixada foi de 38 euros e quedan nun prezo medio de 716 euros. Tamén os animais con selo Ternera Gallega Suprema baixaron esta semana, de tal xeito que o prezo medio acadado foi de 810 euros, 94 euros por debaixo do rexistrado na feira anterior.

No vacún maior a tendencia foi á baixa, aínda que con algunha excepción. As vacas de primeira cotizáronse a 1.088 euros, tras unha baixada de 15 euros. O gando de segunda foi o único á alza, cunha suba do prezo de 16 euros pasa a situarse nos 729 euros. Mentres, os exemplares de desvelle tiveron un prezo de 444 euros, despois dunha redución de 13 euros. No casos do gando co selo Vaca e Boi de Galicia, a tendencia foi á alza e o valor medio foi de 1.286 euros, 374 euros por encima do acadado a semana pasada.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Sen cambios no porcino

En canto ás mesas de cotización do porcino, os prezos mantivéronse sen cambios no caso do porco cebado e os leitóns volveron quedar esta semana sen cotización.

Os prezos nas categorías selecta e normal continuan a 1,325 e 1,30 euros respectivamente, mentres os animais de Canal II atópanse a un valor de 1,688 euros por quilo. Os porcos de desvelle sitúanse entre os 0,45 e os 0,51 euros por quilo.

No mercado do ovo tampouco houbo cambios esta semana. Deste xeito, os ovos da categoría XL cotízanse a 1,61 euros a ducia, os da L páganse a 1,20 euros, os ovos da categoría M están a 1,07 euros e os da S a 0,92 euros a ducia. As galiñas de desvelle teñen un prezo medio de entre 0,04 e 0,12 euros por quilo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Na lonxa de Madrid, o coello continúa asentado, unha semana máis, nun prezo de 1,75 euros o quilo.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada