Carne

Baixada dos prezos da recría de cruce en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/06/2023 12:11 p.m.

O Mercado de gando de Amio rexistrou este mércores unha baixada dos prezos da recría. En concreto, foi unha redución de 5 euros para os animais de cruces industriais de cor, segundo a sondaxe realizada pola organización entre os participantes da feira.

Pola súa banda, a Mesa de Cotizacións de Ternera Gallega acordou manter os prezos da sesión anterior para tódalas calidades e categorías.

En canto á asistencia houbo 1.522 reses, o que supón 72 menos que a sesión da semana pasada. En concreto, na feira deste mércores contabilizáronse 1.297 cabezas de vacún menor, 11 menos. Houbo 117 de vacún mediano (3 máis) e 108 de vacún grande (36 menos que a semana pasada).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (28-VI-2023).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada