Carne

Baixada dos becerros pintos para recría en Amio e sen cambios nas cotizacións de Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
12/10/2022 5:22 p.m.

A sondaxe realizada entre os usuarios do Mercado de Amio, celebrado este mércores, amosa estabilidade nos prezos da recría e do vacún mediano e maior, e unha tendencia á baixa nos prezos dos becerros de raza Frisoa para recría.

No que se refire á Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, a mesa de cotizacións acordou manter sen cambios os prezos para todas as categorías e calidades desta carne.

Na xornada deste mércores contabilizáronse 1.658 reses; é dicir, 26 máis que na sesión anterior. Houbo 1.347 cabezas de vacún menor, 40 máis que a pasada semana. Rexistráronse 117 de vacún mediano (17 menos) e 194 de vacún grande (23 máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información:

–Táboa de cotizacións de Amio (12-X-2022).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada