Carne

Baixada dos becerros pintos en Santiago e lixeira suba en Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
20/07/2022 12:58 p.m.

O Mercado de gando de Amio (Santiago) experimentou esta mañá unha baixada media de 5 euros nos becerros de recría de raza frisoa.

Pola súa banda, a Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega acordou subir 0,03 euros en kilo en todas as categorías e calidades das canais dos machos ata 250 kilos de peso e das femias ata 260 kilos.

En canto á afluencia de gando, na sesión deste mércores contabilizáronse 1802 reses, o que supón 191 animais máis que a semana pasada. Houbo 1.472 cabezas de vacún menor (138 máis que na sesión anterior), 157 de vacún mediano (18 máis) e 173 exemplares de vacún grande (35 reses máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información:

–Táboa de cotizacións de Amio (20-VII-2022).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada