Carne

Baixada dos becerros de recría en Silleda e suba do porco cebado

Nas mesas de prezos dos ovos mantivéronse os prezos, mentres que o vacún maior mantívose estable. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 10 de maio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
10/05/2016 6:34 p.m.

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse, con excepcións, pola baixada xeral dos tenreiros de recría, tanto os de Frisona como os de Cruce Industrial. O vacún maior mantivo os seus prezos con lixeiras oscilacións.

Deste xeito, nos becerros de Frisoa, a excepción foi para os machos de menos de 20 días , que se pagaron a unha media de 127 euros, fronte aos 113 do pasado martes. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 143 euros por xato, fronte aos 147 da semana pasada. Nos tenreiros de máis de 51 días houbo unha baixada máis acusada: 147 euros de media por animal fronte aos 163 do pasado martes.

Nos becerros de recría de Cruzamento industrial a tendencia xeral tamén foi á baixa. Na categoría de menos de 20 días, houbo uns prezos medios de 273 euros fronte aos 279 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos foi de 313 euros, fronte aos 320 do pasado martes. A excepción foron os xatos de máis de 51 días, onde houbo suba das cotizacións: 407 euros fronte aos 390 da anterior sesión.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No vacún maior a tendencia xeral foi a unha lixeira suba. Deste xeito, quedaron en 1.104 euros de media en categoría primeira, 711 en segunda -a máis numerosa- e 434 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.065, 710 e 441 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ovos estables e coellos á baixa

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións da semana pasada: 1,17 euros a ducia para a categoría XL, a L quedou nos 1,02 euros, a M nos 0,97 e a S nos 0,85 euros a ducia.

Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, houbo una baixada do 0,105, quedando nos 1,30 €/quilo, o que agrava a crise os produtores cunículas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Suba do porco cebado

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis subir os prezos un 0,03% para as categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 1,015 e 0,990 euros por quilo, respectivamente. A Canle II tamén subiu, un 0,039% ata 1,286 euros por quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, esta semana os prezos subiron un 0,06% ata os 1,38 euros o quilo, unha tendencia alcista que se reproduciu nos principais mercados europeos.

En canto aos leitóns acordouse manter os prezos. Deste xeito quedaron nos 31 euros os procedentes de varias explotacións e nos 36 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada