Carne

Baixada dos becerros de recría e suba do porco cebado en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse seguir baixando o prezo dos leitóns. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 22 de marzo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
23/03/2016 7:57 a.m.

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola baixada xeneralizada dos prezos dos becerros de recría, tanto os de Frisona como os de Cruce Industrial. O vacún maior, pola contra, experimentou unha lixeira suba.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 94 euros, fronte aos 105 pasado martes. Sen embargo, a cifra representativa, é a dos de 21 a 50 días, con diferenza a categoría máis numerosa, onde a media foi de 113 euros por xato, oito menos que a semana pasada. E nos tenreiros de máis de 51 días si que houbo unha lixeira suba: 162 euros de media por animal fronte aos 160 do pasado martes.

Nos becerros de recría de Cruce industrial a tendencia foi tamén á baixa. Nos xatos de menos de 20 días os prezos medios foron de 160 euros de media por animal fronte aos 268 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos foi de 292 euros, fronte aos 314 do pasado martes. Pola contra, nos becerros de máis de 51 días e ao igual que nos de raza Frisona houbo unha lixeira suba: 464 euros fronte aos 455 da anterior sesión.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No vacún maior a tendencia foi a unha lixeira suba. Deste xeito, quedaron en 1.105 euros de media en categoría primeira, 713 en segunda -a máis numerosa- e 420 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.076, 707 e 440 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ovos sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana: a categoría XL quedou en 1,17 euros; a L nos 1,11 euros por ducia; a M quedou en 1,08 euros e o prezo para a S fixouse nos 0,95 euros.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos mantivéronse nos 1,50 €/quilo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Suba no porco cebado e baixada nos leitóns

En canto ao porco cebado, e despois de varias semanas consecutivas de prezos estancados, a mesa de prezos acordou unha lixeira suba dun 0,010% para as categorías Selecta, que quedou nos 0,950 euros por kilo, e Normal, ata os 0,955 euros por kilo, mentres que o Canal II subiu un 0,013% ata situarse nos 1,201 euros por kilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, a suba foi moito maior, un 0,04% ata os 1,33 euros o quilo, unha tendencia á alza que se repetiu na maioría dos países europeos.

En canto aos leitóns acordouse unha nova baixada: un 4% menos. Deste xeito quedaron nos 33 euros os procedentes de varias explotacións e nos 38 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada